O Concello de Pastoriza recolle desde o próximo luns enseres voluminosos a domicilio

O Concello de Pastoriza procederá entre os días 13 e 17 deste mes á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.
Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 332 197 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto.
A recollida realizarase de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, portas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas, xoguetes rotos, etc.
Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.