O Concello de Pastoriza toma medidas para afrontar esta seca

TerraChaXa
O alcalde do concello de Pastoriza, Darío Cabaneiro Santomé, publicou un bando pedindo aos veciños do municipio unha redución no consumo da auga, co motivo da seca que está a ter lugar nestes tempos.
auga tubaxe
25 Ago 2023

O alcalde do concello de Pastoriza, Darío Cabaneiro Santomé, publicou un bando pedindo aos veciños do municipio unha redución no consumo da auga, co motivo da seca que está a ter lugar nestes tempos.

Pide un uso esencial e prioritario da auga co obxectivo de “lograr un consumo racional da auga procedente da traída municipal” e, dese modo, “ter que evitar a aplicación de medidas máis restritivas e cortes de subministro”.

Así, grazas a esta concienciación social do bo uso da auga e adoptando medidas de aforro individual e colectivo, previranse os efectos negativos da seca a medio prazo no municipio, como indican os espertos.

Entre as medidas que se recomendan están evitar encher piscinas ou a rega con auga da traída.

0.14802694320679