O Concello de Pol instala na casa consistorial un desfibrilador

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol vén de instalar na entrada da casa consistorial un desfibrilador externo semiautomático que foi entregado pola Deputación
1 desfibrilador deputacion concello de pol
12 Ago 2021

O Concello de Pol vén de instalar na entrada da casa consistorial un desfibrilador externo semiautomático (DESA) que foi entregado pola Deputación de Lugo.

Os desfibriladores manuais comúns son aqueles que están dispoñibles en hospitais, centros de atención médica e vehículos de emerxencia. Trátase de máquinas moi eficaces pero requiren a presenza de persoal sanitario cualificado, xa que para utilizalas adecuadamente e con seguridade é necesario un proceso de adestramento avanzado.

Con todo, os desfibriladores externos semiautomáticos ou DESA están compostos por unidades moi pequenas que son facilmente manexables. Ademais, a diferenza das anteriores, estas máquinas son moito máis sinxelas de utilizar e calquera persoa pode ser apta para usalas tras unha ou dúas sesións de formación.

desfibrilador deputacion concello de pol
0.20766687393188