O concello de Pol merca un camión para alquitranar
O Concello de Pol ven de mercar un camión seminovo co obxectivo de dedicalo á remodelación de pistas, tantas das asfaltadas como as de terra. Isto é así, xa que o Concello decidiu ocuparse directamente destes traballos con medios propios.
O camión é un modelo seminovo con 19.000 quilómetros específico para alquitranar que foi mercado a Coveluma coa axuda do Plan Único da Deputación por un importe de 111.000 euros máis ive e a permuta do camión vello que está valorado en 20.000 euros.
Este novo camión non necesita tanta man de obra, xa que leva un ordenador incorporado que serve para controlar mellor a cantidade de emulsión que se bota, así ó operario que conduce pode facer todas as opereracións dende a cabina e se ademais a estrada tivera un ancho de menos de 5 metros, poderase facer todo nunha soa pasada. Co anterior camión tiñan que ir varios operarios, un de chofer e outro coa lanza para botar a emulsión.
Esta maquinaria adquiriuse non mes de xaneiro e xa está en funcionamento, e ademais o concello ten idea de que se amplie o parque de maquinaria propia para futuros traballos.
Por outra banda, o alcalde indicou tamén que este mes rematarán as obras no deposito da parroquia de Caraño e no verán contan con dar a auga a Caraño de Abaixo