Aínda quedan prazas no obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais de Pol
O Concello de Pol organiza un obradoiro sobre Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais os días 25, 26, 27, 28 e 29 de marzo no centro sociocultural de Mosteiro de 16:00 a 19:00 horas. A organización lembra que aínda hai prazas dispoñibles para esta formación.
Os obxetivos deste obradoiro é impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais, favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores. Tamén buscan espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
O programa falarase das iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos Montes Veciñais en mán común. Da gobernanza e a organización cooperativa das comunidades de montes, da fiscalidade das comunidades de montes e da súa titularidade.
Para realizar a inscripción previa, de carácter gratuito, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop.
Pódese consultar o programa no seguinte enlace.