O Concello de Rábade abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas
O Concello de Rábade mantén aberto ata o día 30 de setembro o prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais, que contan cunha oferta deportiva similar ao de anos anteriores.
As escolas están divididas en dous grupos, para rapaces e para adultos. No primeiro grupo haberá fútbol sala, baloncesto, tenis, voleibol, zumba, patinaxe, ximnasia rítmica, xadrez, atletismo, balonmán, rugby, judo, loita olímpica ou tenis de mesa, dirixidos a pequenos de 4 a 16 anos de idade.
Ademais, o Concello continuará co proxecto de escolas deportivas para adultos que colleitou un gran éxito e amplían especialdiades. Así, este ano haberá fútbol sala, pilates, patinaxe, atletismo, zumba, xadrez, tenis de mesa, tenis, ioga, defensa persoal e ximnasia de rehabilitación.
A intención do Concello é seguir apostando polas escolas deportivas e poder ter os grupos pechados este mes para poder iniciar a actividade o 3 de outubro para os dous grupos de idade.
Os interesados en anotarse ás escolas poden facelo no departamento de Cultura e Deportes do Concello. de luns a vernes de 9.00 a 14.00 horas.