O Concello de Rábade arranca o día 1 o servizo Madrugadores no colexio Otero Pedrayo

LugoXa | TerraChaXa
Presta servizo unha hora antes da entrada de luns a vernes e o último día tamén unha hora pola tarde
servizo-madrugadores-rabade-otero-pedrayo
28 sep 2024

O Concello de Rábade, en colaboración coa ANPA e o CEIP Otero Pedrayo, pon en marcha un ano máis o programa Madrugadores neste curso 2024/25.

O programa, en marcha dende o 1 de outubro, ten como obxectivo atender no colexio todos os días lectivos  entre as 7.45 e as 8.45 horas aos nenos e nenas que empreguen o servizo da man de persoal cualificado. Ademais tamén os venres haberá servizo de atención de 14.30 a 15.30 horas.

Os interesados e interesadas deben inscribirse no Concello, na área de Cultura e Deporte en horario de 9.00 a 14.00 horas.

0.084457874298096