O Concello de Rábade arranca o día 10 o servizo de Madrugadores e Ludotardes

LugoXa | TerraChaXa
Estará activo unha hora antes da entrada ao colexio e hora e media despois da saída, de luns a venres
servizo-madrugadores-rabade-otero-pedrayo
5 Sep 2025

O Concello de Rábade, en colaboración coa ANPA e o CEIP Otero Pedrayo, pon en marcha un ano máis o programa Madrugadores neste curso 2025/26.

O programa, que se porá en marcha o 10 de setembro, ten como obxectivo atender no colexio todos os días lectivos  entre as 7.45 e as 8.45 horas aos nenos e nenas que empreguen o servizo da man de persoal cualificado. Ademais tamén haberá servizo de atención, polas tardes, a Ludotardes, de 14.30 a 16.00 horas.

Os interesados e interesadas deben inscribirse no Concello, na área de Cultura e Deporte en horario de 9.00 a 14.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.20863819122314