O Concello de Rábade avanza en varias actuacións de mellora urbana e mantemento de espazos

LugoXa | TerraChaXa
Comezaron as obras de mellora na rúa Álvaro Cunqueiro e limpan e acondicionan varias zonas do casco urbano
traballos-rua-alvaro-cunqueiro-rabade
24 Jul 2025

O Concello de Rábade vén de iniciar as obras de mellora nun tramo da rúa Álvaro Cunqueiro, enmarcadas no Plan de Cooperación cos Concellos. Esta intervención busca mellorar a accesibilidade e o estado do firme nunha das rúas principais do municipio, contribuíndo así á renovación progresiva das infraestruturas urbanas.

Paralelamente, os operarios municipais continúan estes días cos traballos de limpeza e acondicionamento en diferentes zonas do casco urbano. As actuacións están a desenvolverse en rúas como José Pardo, Ramón Arias, Rosalía de Castro e na Estrada da Coruña, co obxectivo de garantir o bo estado dos espazos públicos e mellorar a súa estética e funcionalidade.

Ademais, estanse levando a cabo labores de arranxo e plantación nos alcorques e xardineiras distribuídas por distintos puntos do municipio. Estas tarefas forman parte do mantemento habitual das zonas verdes.

⚙ Configurar cookies
0.17727494239807