O Concello de Rábade celebrará as festas patronais do 10 ao 15 de agosto

LugoXa | TerraChaXa
O 11 farase a Festa do Río coa tradicional esbatuxada e o 13 haberá o musical ‘Camiñantes e Cantantes’
presentacion-das-festas-de-rabade
Festas de Rábade
30 Xul 2024

O Concello de Rábade presenta a programación das festas na honra a Santa María, que se van celebrar os días 10, 11, 12, 13, 14 e 15 de agosto con actuacións e actividades todos os días.

As patronais de Rábade darán comezo o día 10 de agosto, sábado, coa celebración do XXVIII Rabafolk. O festival dará comezo ás 22:00 horas na Praza de España coa actuación Eoghanxo Unit (Galicia-Irlanda). Seguiranlle, Sin a Deir Sí (Irlanda), Terrae (Galicia) e o grupo local Axeigo. Tamén haberá animación de rúa a cargo de Cadabatú (Galicia).

O 11 de agosto farase a Festa do Río coa XXII Esbatuxada, unha competición de barcas caseiras que surcarán o Miño. Haberá un concerto da Banda de Música Sons e Soños e Pop Rock e a actuación da Charanga Aloumiño.

O día 12 de agosto, luns, haberá teatro a cargo de Os luns ao sol, do Centro Dramático Galego, que representará ‘De Vilatriste a Vilalegre’.

O martes 13, chega a Rábade o musical Camiñantes e Cantantes con La Oca Band, Pili Pampín, Manquiña e Pepe Suevos no Campo da Feira ás 22:00 horas. A verbena estará amenizada pola Orquestra Olimpus e o Dúo Eclipse.

O 14 de agosto, festivo local, o Concello de Rábade celebra o Día da Bicicleta coa actuación durante a proba de Lilicicleta. Tamén haberá actuacións musicais a cargo do Grupo Beatriz e Grupo Ritmo.

O día grande das Festas, o 15 de agosto, actuará a Orquestra Escaparate e o Grupo Montreal e farase a XVIII descarga pirotécnica. Á tardiña actuará Moc Moc espectáculos con Mere Clown.

cartel-festas-de-rabade
0.3662850856781