O Concello de Rábade convoca de novo o concurso de postais de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
Tamén convoca ás mulleres da localidade ao acto central contra a violencia de xénro no programa Rábade en Negro.
concurso postais nadal rabade portada
13 Nov 2023

Tamén convoca ás mulleres da localidade ao acto central contra a violencia de xénro no programa Rábade en Negro.

O Concello de Rábade convoca o XVII Concurso de Postais Navideñas 2003, no que poderá participar calquera neno ou nena interesado de entre 3 e 14 anos en tres categorías. A categoría A comprende os debuxos dos nenos entre 3 e 5 anos, a categoría B de 6 a 9 anos e a categoría C de 10 a 14 anos.

Os debuxos gañadores serán os elixidos coma a Postal Navideña do Concello para felicitar o Nadal a todos os veciños.

O tema do debuxo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal. Os concursantes poderán empregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno (papel, cartón…) en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal.

O xurado estará integrado por representantes do Concello, do Colexio Otero Pedrayo e o IES Río Miño. Valorarase principalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados.

Os premios por categoría serán o como primeiro premio un vale de 60 euros, o segundo un vale de 40 euros e o terceiro outro vale de 20 euros. Estes deberán ser usados no comercio de Rábade.

O fallo do xurado farase público antes do día 8 de decembro.

A data tope para a entrega do debuxo será o 30 de novembro. Poderán entregarse nun sobre cos seguintes datos: nome e apelidos, idade e un telefono de contacto no colexio Otero Pedraio, no IES Río Miño ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.

Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Concello de Rábade no Nadal. Os gañadores dos primeiros premios ceden expresamente o dereito de utilización e reprodución dos seus debuxos para a felicitación oficial do Concello.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Por outra banda, o Concello de Rábade precisa 52 mulleres voluntarias para o acto central que terá lugar o 24 de novembro en contra da violencia de xénero coa fin de dar visibilidade ás vítimas desta lacra social.

As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao departamento de Servizos Sociais no teléfono 982 390 062 para recoller a camiseta.

concurso postais nadal rabade
rabade en negro acto central
0.17176508903503