O Concello de Rábade convoca unha nova edición do concurso de postais de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
Poderán participar no concurso de Postais Navideñas calquera neno ou nena interesado entre 3 e 14 anos en tres categorías.
convocado concurso postais nadal rabade portada
14 Nov 2022

O Concello de Rábade convoca o XVI Concurso de Postais Navideñas 2002, no que poderá participar  calquera neno ou nena interesado de entre 3 e 14 anos en tres categorías. A categoría A comprende os debuxos dos nenos entre 3 e 5 anos, a categoría B de 6 a 9 anos e a categoría C de 10 a 14 anos.

Os debuxos gañadores serán os elixidos coma a Postal Navideña do Concello para felicitar o Nadal a todos os veciños.

O tema do debuxo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal. Os concursantes poderán empregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno (papel, cartón...) en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal.

O xurado estará integrado por representantes do Concello, do Colexio Otero Pedraio e o IES Río Miño. Valorarase principalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados.

Os premios por categoría serán o como primeiro premio un vale de 60 euros, o segundo un vale de 40 euros e o terceiro outro vale de 20 euros. Estes deberán ser usados no comercio de Rábade.

O fallo do xurado farase público antes do día 9 de decembro.

A data tope para a entrega do debuxo será o 30 de novembro. Poderán entregarse nun sobre cos seguintes datos: nome e apelidos, idade e un telefono de contacto no colexio Otero Pedraio, no IES Río Miño ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.

Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Concello de Rábade no Nadal. Os gañadores dos primeiros premios ceden expresamente o dereito de utilización e reprodución dos seus debuxos para a felicitación oficial do Concello.

convocado concurso postais nadal rabade
0.1605269908905