O Concello de Rábade convoca o XV Concurso de Postais Navideñas 2021
O Concello de Rábade convoca o XV Concurso de Postais Navideñas 2021.
Poderán participar no concurso calquera neno ou nena interesado entre 3 e 14 anos en tres categorías. A categoría A comprende os debuxos dos nenos entre 3 e 5 anos, a categoría B de 6 a 9 anos e a categoría C de 10 a 14 anos.
Os debuxos gañadores serán os elixidos coma a Postal Navideña do Concello para felicitar o Nadar a tódolos veciños.
O tema do debuxo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal. Os concursantes poderán empregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno (papel, cartón...) en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal.
O xurado estará integrado por representantes do Concello, do Colexio ‘Otero Pedraio’ e o IES Río Miño. E valorará principalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados.
Os premios por categoría serán o 1º premio: un vale de 60 euros, o 2º premio un vale de 40 euros e o 3º premio é un vale de 20 euros. Os vales deberán ser usados no comercio de Rábade.
O fallo do xurado farase público antes do día 10 de decembro.
A data tope para a entrega do debuxo será o 3 de decembro. Poderán entregarse nun sobre cos seguintes datos: nome e apelidos, idade e un telefono de contacto no colexio Otero Pedraio, no IES Río Mió ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.
Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Concello de Rábade no Nadal. Os gañadores dos primeiros premios ceden expresamente o dereito de utilización e reprodución dos seus debuxos para a felicitación oficial do Concello. A mera participación no concurso implica a plena aceptación destas bases.