O Concello de Rábade convoca o XVIII Concurso de Postais Navideñas 2024

LugoXa | TerraChaXa
Os debuxos gañadores serán elixidos como a Postal de Nadal do Concello para felicitar a todos os veciños e veciñas
entrega-premios-rabade-postais
15 Nov 2024

O Concello de Rábade convoca o XVIII Concurso de Postais Navideñas 2024 para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, que xa poden participar.

Poden entregarse no centro educativo de Infantil e Primaria, no IES Río Miño ou no Concello de Rábade ata o vindeiro 29 de novembro.

Así, os debuxos gañadores serán elixidos como a Postal de Nadal do Concello para felicitar a todos os veciños e veciñas. E todos os debuxos participantes serán expostos no Concello de Rábade durante o Nadal

Ademais, os gañadores recibirán premios que deberán ser canxeados nos establecementos de comercio de Rábade.

0.19197392463684