O Concello de Rábade doa á biblioteca do colexio libros sobre educación en igualdade
Esta semana, e pechando as actividades financiadas a través do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero realizadas (obradoiros de igualdade, Concerto de Rockeamos todas con Pakolas, entre outras) o Concello de Rábade realizou unha aportación de libros á biblioteca do Ceip Otero Pedrayo co fin de dar continuidade no centro a esta labor educativa enmarcada na educación para a igualdade.
Mª Jose De Arriba Redondo, Concelleira de Servizos Sociais e Cultura do Concello de Rábade fai a entrega do material a Remedios González Cabarcos, directora do centro.
Entre os exemplares entregados incluense libros adaptados para infantil e para primaria co fin de cubrir todas as idades do centro educativo. As historias e os contos son unha excelente ferramenta para o traballo dende o profesorado así como para que o alumnado descubra e asente valores dun xeito lúdico e atractivo.
"Dende o Concello de Rábade apóstase por traballar na promoción da igualdade dentro da comunidade. Principalmente traballando dende a sensibilización , a información e a prevención para crear conciencia dos beneficios de apostar por unha sociedade máis igualitaria e polo tanto máis xusta", dixo a concelleira.