O Concello de Rábade negocia a compra de terreos fronte a igrexa para construír un parque

TerraChaXa
O Concello de Rábade ten prevista a construcción dun parque fronte á igrexa de Rábade en próximas datas para o que está a negociar estes días a adquisición dos terreos, que son propiedade privada.
WhatsApp Image 2018 09 06 at 16.20.24 (2)
10 sep 2018

O Concello de Rábade ten prevista a construcción dun parque fronte á igrexa de Rábade en próximas datas para o que está a negociar estes días a adquisición dos terreos, que son propiedade privada.

O obxectivo municipal é construír no mesmo un parque infantil, unha zona verde e un parque biosaudable, que se convertiría no pulmón verde da zona norte de Rábade.

Segundo explica o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, a idea, de cara ao futuro é unir este espazo con unha finca que de por unha banda á calle Gabriela Nieto Chaín e por outra á rúa san Vicenzo.

A idea de facer unha zona verde no lugar xa ven de tempo atrás. De feito o Concello iniciou os trámites de compra dun terreo anexo á igrexa pero finalmente as negociacións non fructificaron polo que agora están traballando na compra deste outro terreo "que se adapta moito mellor, xa que ten máis espazo e cumple mellor para facerse o parque e a zona verde".

"Unha vez resolto o tema da compra habería que orzamentar e buscar financiamento", explica Fernández Montes.

 

0.15873694419861