O Concello de Rábade recibe as obras da Estación de Tratamento de Auga

TerraChaXa
O Concello de Rábade ven de recibir as obras que, con cargo o Plan Único da Deputacion Provincial, se viñeron executando na Estación de Tratamento de augas da nosa vila nos últimos meses.
rabade_agua
20 Apr 2018

O Concello de Rábade ven de recibir as obras que, con cargo o Plan Único da Deputacion Provincial, se viñeron executando na Estación de Tratamento de augas da nosa vila nos últimos meses.

As obras consistiron nunha mellora no sistema de automatización e control na calidade da suga, instalando sistemas de medición en continuo, automatización do bombeo, un novo sistema de floculación en liña, así como a impermeabilización dos vellos depósitos.

Estas obras permitiron unha mellora sustancial na calidade da auga que xa foi perfectamente perceptible nas últimas crecidas deste ano, nas que malia o volumen de auga caída, a turbidez da auga viuse notablemente reducida.

O Concello de Rábade e a Conselleria de Sanidade garanten o control permanente da auga suministrada, e a sua calidade para ser consumida directamente da billa.

0.16644406318665