O Concello de Rábade reparte os premios do concurso de postais
O Concello de Rábade deu a coñecer os gañadores e gañadoras do Concurso de Postais de Nadal deste ano, no que participaron nenos e nenas de diferentes idades divididos en varias categorías.
Os premiados foron, entre os menores de 5 anos, para Leire Beciero Quijada, Naia Beciero Bouso e Gabriel Fernández Sanmartín. Na categoría de 7 a 9 anos gañou Yanira Casanova Rábade (7 anos) seguida de Antón Devesa Lage (8 anos) e Area Barreiro Barja (9 anos).
Finalmente, no grupo de idade de 10 a 13 anos o primeiro premio foi para Iván Jesús Río Pernas (13 anos), seguido de Ariadna Fernández Méndez (10 anos) e Marcos Vanelus Ciocan (12 anos).
A entrega de premios terá lugar o día 26 de decembro ás 17:00 horas no centro sociocultural de Rábade.
O Concello felicitou a todos os participantes e agradeceu a súa implicación, destacando a calidade e creatividade das postais presentadas.