O Concello de Rábade saca a licitación a instalación de cámaras no Polígono e a obra de Lope de Vega

TerraChaXa
O Concello de Rábade saca a licitación estes días dous proxectos, por unha banda a instalación de cámaras de seguridade vial no polígono que ten un orzamento de 30.
8 sep 2018

O Concello de Rábade saca a licitación estes días dous proxectos, por unha banda a instalación de cámaras de seguridade vial no polígono que ten un orzamento de 30.000 euros.A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia con 29.000 euros a implantación deste sistema de videovixilancia para mellorar a seguridade do parque empresarial de Rábade. aportando o 80 por cento do custo total do proxecto.

No caso concreto de Rábade, o investimento servirá para instalar un moderno sistema de vixilancia, baseado en tecnoloxía intelixente que proporciona percepción da situación de risco en tempo real para responder con maior axilidade ante unha incidencia. Entre outras ferramentas, sérvese de cámaras que procesan por si mesmas as imaxes e envían á central sinais de aviso.

As obras consisten na instalación do armario principal, incluíndo equipamento de fibra, videogravador, discos duros, e instalación en altura de 13 cámaras e de todo o cableado eléctrico e de datos necesario.

A outra obra que sairá licitada a finais de mes é o arranxo da rúa que vai do Concello ata a estrada de Vilalba, a rúa Lópe de Vega.

Nesta obra, que ten un orzamento de 80.000 euros, realizarase a pavimentación e ampliación de beirarrúas e pasará a ser unidireccional. Esta reparación realizarase con cargo aos plans de estradas da Deputación Provincial.

Finalmente, o Concello acometerá proximamente as obras de finalización da rúa Buenos Aires e parte de Camiño Real, que xa está adxudicada e que consistirá en botar aglomerado e zarra.

0.27558398246765