O Concello de Castro de Rei contará cun punto limpo móbil
O Concello de Castro de Rei contará cun punto limpo móbil, tal e como informou o seu alcalde, Francisco Fernández Balado.
De feito, vén de sacar a licitación a adquisición dun remolque multiservizos para a xestión de residuos de competencia municipal, xunto cunha caixa punto limpo móvil, unha caixa bañera restos de obra, unha caixa aberta interior para voluminosos e caixa aberta restos de poda.
Os plans do Concello consisten na recollida de enseres, restos de poda, pilas ou enseres voluminosos por cada parroquia deixando unha semana para cada unha delas, e unha vez que se termine volver a comezar o percorrido.
O proceso de licitación ten de prazo quince días para presentar ofertas mentres que posta en marcha do servizo será de dous meses, co que debería estar en marcha para finais de febreiro ou principios de marzo.
O obxectivo deste planteamento é favorecer a xestión de residuos especiais de competencia municipal co fin de lograr a súa adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización, en liña cos obxectivos establecidos no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022 dentro das axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
O Concello conta cun investimento total de 34.344,64 ive incluído, ao que se engadiría despois o gasto para o servizo, que é de 6.954,79 euros e que estará ao cargo do Concello.