O Concello de Ribadeo celebra o 2 o día internacional dos humidais

TerraChaXa | AMariñaXa
30 Xan 2019

Este ano, co gallo do día internacional dos Humidais, o Concello de Ribadeo, en colaboración Enrique Sampedro Miranda administrador do blog Ría de Ribadeo, celebra de novo esta efeméride.
O vindeiro sábado, 2 de febreiro, desde o Concello “invitámoste a redescubrir a Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional, e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera. É na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”.
O vindeiro sábado ás 11:30 horas na Casa da Xuventude haberá unha conferencia titulada Ría de Ribadeo, 25 anos de Humidal de Importancia Internacional. Evolución e estado actual, a cargo de Enrique Sampedro Miranda (blog Ría de Ribadeo).
E ás 15:00 horas desenvolverase unha saída ornitolóxica pola ría de Ribadeo para observar aves, guiada por Enrique Sampedro. O desprazamento será en microbús e a saída esta prevista dende a Oficina de Turismo.
Desde o Concello subliñan que “nesta ocasión é preciso reserva previa, que poderedes formalizar no teléfono 982 128 689 ou no e-mail.: turismo@ribadeo.org indicando nome, apelidos, teléfono, correo electrónico e lugar de procedencia. Non vos esquezades de levar roupa de auga, calzado cómodo e prismáticos”.

0.13894104957581