O Concello de Ribadeo fará entrega de árbores frondosas
O Concello de Ribadeo publicou as bases destinadas á entrega de árbores a persoas responsables de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa no termo municipal ribadense. As persoas que queiran recibilas poden presentar as súas solicitudes ata o 30 de decembro. O Concello destina a este fin unha partida de 8.800 euros.
Dende o Concello xa fixeron unha primeira iniciativa de repartir unha serie de especies frondosas como freixos, castiñeiros, carballos, etc…, para que se puideran plantar nas faixas de protección, que si permite a lei que se planten este tipo de especies frondosas que combaten o lume, que dan protección e que xeran un sotobosque que despois non é necesario estar desbrozando sistematicamente cada ano.
Nesta edición, o Concello conta cuns 8.800 euros, que repartirá en forma de árbores entre os diferentes beneficiarios de acordo cuns criterios que establecemos nunhas bases que están publicadas, que todo o mundo pode solicitar ata o 30 de decembro.
Os solicitantes non teñen porqué vivir en Ribadeo, pero si teñen que ser propietarios de parcelas que foron desbrozadas.