O Concello de Riotorto acordou unha baixada do IBI Urbana

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto acordou unha baixada do IBI Urbana, reducindo o tipo impositivo do 0,65 % ao 0,50 %.
casa do concello de riotorto 3
10 Nov 2021

O Concello de Riotorto acordou unha baixada do IBI Urbana, reducindo o tipo impositivo do 0,65 % ao 0,50 %. Así, aprobouse en Pleno co voto favorable dos 6 concelleiros do PP e a abstención do BNG e PSOE.

Esta medida suporá un aforro medio para cada propietario dunha parcela urbana ou vivenda duns 50 euros no vindeiro ano 2022.

En xaneiro deste ano o Grupo Socialista rexistrou unha moción coa que reclamaba esta reducción dende o 0,65% actual a un 0,45%, “permitindo así aliviar a carga financeira dos nosos veciños no complicado contexto socioeconómico actual no que nos atopamos”.

José García remarcaba naquel momento que “nestes intres hai unha boa situación económica no Concello, debido a política recaudatoria de Clemente Iglesias que aplicou un aumento de impostos coa subida de case dun 100% na taxa de recollida de lixo, e tamén coa recadación das case mil novas altas derivadas de revisión catastral de bens inmobles” (unha modificación que supuxo unha subida de sesenta euros por cada alta rexistrada).

Pola súa banda, o BNG riotortense no ano 2017 pedía tamén unha rebaixa que lle permitira ao Concello manter a recadación.

0.18925619125366