O concello de Riotorto adquire un tractor
TerraChaXa
O concello de Riotorto adquiriu un tractor CASE MAXXUM 135 CV a unha empresa de Pastoriza.
21 Feb 2018
O concello de Riotorto adquiriu un tractor CASE MAXXUM 135 CV a unha empresa de Pastoriza. O orzamento para mercalo foi de 68.250 euros, dos cales a Deputación Provincial financiou 64.837,50 euros e o concello 3.412,50 euros. Este vehículo será usado para desbrozar estradas, pistas e servizos requeridos polo concello.
Asimesmo, tamén dende o concello solicitaron unha axuda ao GDR 2 para o proxecto de acondicionamento do centro social do Vilar de Santiago.