O Concello de Riotorto adxudica as obras de mellora dos accesos a Cubela

TerraChaXa
O Concello de Riotorto adxudicará estes días as obras de mellora dos accesos a Cubela, unha obra financiada pola Xunta de Galicia con 36.
4 Xuño 2020

O Concello de Riotorto adxudicará estes días as obras de mellora dos accesos a Cubela, unha obra financiada pola Xunta de Galicia con 36.000 euros pero que ten un orzamento total de 51.000. Os traballos consistirán na implantación de aglomerado en quente e limpeza de cunetas.

Segundo indicou o alcalde, Clemente Iglesias, espérase que as obras podan iniciarse este mes de xullo para estar rematadas antes de fin do verán.

CONTRATACIÓN

Por outra banda, o Concello de Riotorto abriu un proceso de contratación de persoal para unha brigada de incendios, que estará composta por cinco membros ademais de tres condutores. O prazo de presentación está aberto e o contrato terá unha duración de 1 de xullo a 30 de setembro con xornada completa.

Estes traballadores farán labores de vixilancia, prevención e extinción de incendios durante o mes de verán.

0.19048285484314