O Concello de Riotorto celebrará o día 3 a súa Festa Celta
O Concello de Riotorto celebrará a súa tradicional Festa Celta o vindeiro 3 de agosto, sábado, no lugar da Croa.
Esta celebración terá lugar nesta ocasión a partir das 14.30 horas cun servizo de comida con polbo, churrasco, empanada e tarta de Riotorto. Durante a tarde haberá animación para os menores de idade para dar inicio ás 21.00 horas ás actuacións, o prato forte da festa.
Estarán BI Outeiro Gaiteiros, unha actuación subvencionada pola Vicepresidencia da Deputación dentro do programa Tradigalu.
Ademais, actuarán Tanto nos Ten e os Gaiteiros de Riotorto.
Culminarán cunha queimada popular sobre las 0.30 horas.
Como todos os anos, o Concello agradecerá a colaboración veciñal para a súa realización. Gracias a está colaboración a festa será todo un éxito como todos os anos. Para máis información deberán achegarse as oficinas do Concello.