O Concello de Riotorto concede a licencia para a nova planta de transferencia de residuos

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto concendeu a licencia para a construción dunha nova planta de transferencia de residuos por parte de Sogama.
plano planta residuos riotorto
8 Dec 2022

O Concello de Riotorto concendeu a licencia para a construción dunha nova planta de transferencia de residuos por parte de Sogama.

A planta ubicarase no lugar de Vilaseca, preto da Cruz da Cancela, nunha finca adquirida polo Concello a tal efecto xa que os veciños de Aldurfe, lugar escollido inicialmente para a planta, negáronse á súa construción.

O novo centro de recollida de lixo, para o seu posterior traslado á planta de tratamento en Cerceda, conta con orzamento cercano aos 2 millóns de euros. O seu obxectivo era a necesidade de mellorar o servizo da actual microplanta situada no Concello ao lado do punto limpo.

O complexo de recollida dará servizo aos concellos que xa usan a actual, Meira, Pol, A Pastoriza, A Pontenova e Ribeira de Piquín. Ademais, prevese que recolle residuos FORSU de Abadín, Baleira, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, A Fonsagrada, Trabada e Vilalba, pero poderían utilizalo máis xa que o proxecto estima qu epode asumiar ata 6.500 toneladas de residuos.

planta riotorto sogama
0.19118595123291