O Concello de Riotorto dará unha axuda directa aos autónomos

TerraChaXa
O Concello de Riotorto anunciou que ofrecerá unha axuda directa equivalente ao pago do recibo íntegro aos autonómos veciños do municipio que tiveron que pechar os seus negocios como consecuencia do actual estado de alarma motivado pola crise sanitaria do coronavirus.
8 Abr 2020

Os requisitos para facerse con esta axuda é ter un negocio ou actividade dentro deste termo municipal e verse obrigados a pechalo pola emerxencia do Covid-19. Ademais, teñen que estar empadroados no Concello.

O Concello abonará un importe igual ao dos recibidos a partir de mediados de marzo, é dicir, a metade dese mes e o íntegro do actual abril. Os interesados en beneficiarse desta axuda municipal poden presentar as súas solicitudes nas oficinas municipais unha vez que se levante o estado de alarma, a fin de que se tramite dita medida.

0.15004277229309