O concello de Riotorto investirá 121.000 euros en accesos a parroquias
TerraChaXa
O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias anunciou que non próximos meses investiranse preto de 121.
12 Feb 2019
O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias anunciou que non próximos meses investiranse preto de 121.000 euros en acondicionara as vías de acceso a diferentes parroquias do termo municipal.
Unha destas partidas, que teñen un orzamento de 25.500 euros consiste na mellora dos accesos a Augaxosa e Muxoeira. Ademais, investiránse 46.949 euros para facer obras similares en Grandal, Ribadiña e Chaira.
O último investimento previsto para os próximos meses serán tamén a realización e acondicionamento de accesos as parroquias de Ferrería, Castro e Lamas (Vilaseca) por un importe de 48375 euros. Estas dúas partidas están xa adxudicadas e se executarán nos vindeiros meses.