O Concello de Riotorto leva aos veciños e veciñas á Costa da Morte

TerraChaXa
O Concello de Riotorto organiza unha viaxe á Costa da Morte para o xoves 23 de novembro.
Fervenza do Ézaro
9 Nov 2017

O Concello de Riotorto organiza unha viaxe á Costa da Morte para o xoves 23 de novembro.

Trátase "dunha viaxe que demandaban os veciños e veciñas participantes nas actividades que o Concello desenvolve nos centros veciñais como son os talleres de memoria, informática ou ximnasia de mantemento", segundo destaca o alcalde, Clemente Iglesias.

A excursión, que conta coa colaboración de Game Sport, partirá de Riotorto ás sete da mañá para facer unha parada para o almorzo ás oito e media. Xa ás dez e media está prevista a visita á cascada do Ézaro e ás doce do mediodía ao Cabo Fisterra. Á unha, haberá visita a Vimianzo e ás catro a Malpica; pero, polo medio, haberá tempo para xantar. O regreso está previsto para as seis da tarde e a chegada á Riotorto ás nove do serán despois de facer unha pequena parada de descanso a media viaxe.

As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 608 897 418 por 15 euros. As prazas son limitadas a 50 e terán preferencia aquelas persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.

0.18847298622131