O Concello de Riotorto organiza un concurso de debuxo e poesía infantil
Baixo o título Todo vai saír ben, a biblioteca de Riotorto vén de convocar un conurso de debuxo infantil, poesía e relato curto con ocasión da celebración o 23 de abril, do Día do Libro 2020.
O obxectivo do curso é que os nenos e nenas podan expresar como están a vivir estes difíciles momentos.
Aberto a partivipación de todos os nenso de infantil e primaria do Concello establécense dúas categorías: Debuxo (para os que cursen infantil e ata terceiro de Primeira incluído) e Poesía ou relato curto, ata sexto de primaria, tamén incluído.
A idea é facer unha peza creativa que reflicta como a sociedade se esforza en traballar en común para vencer a epidemia. As características técnicas son libres agás que ten que ser en galego e levar o título do concurso. Os traballos deberán fotografiarse e enviarse á dirección bibliotecariotorto@gmail.com ou por whatsapp ao 646 218 296.
O xurado escollerá as dúas obras máis representativas en cada unha das categorías que recibirán como premio unha tablet no primeiro caso e un vale de 80 euros para material escolar no segundo.
O prazo de entrega prolongarase ata o 25 de maio.