O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Salamanca e o val do Jerte

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto ten programada unha excursión a Salamanca e o Val do Jerte que se celebrará os días 1 e 2 de abril.
val do jerte
val do jerte
26 Feb 2023

O Concello de Riotorto ten programada unha excursión a Salamanca e o val do Jerte que se celebrará os días 1 e 2 de abril.

A viaxe dará comezo ás 6.30 horas dende a gasolinera da localidade. Tras un almorzo en Vega de Valcárce farase unha visita a Béjar para comerc no restaurante Corrobla. Pola tarde visitarán Cabezuela del Valle (Jerte) e pasarán a noite en Salamanca.

Ao día seguinte, farán unha visita guiada pola localidade. Tralo xantar, haberá tempo libre e o regreso está previsto para as 17.30 horas.

O prezo da viaxe é de 120 euros por persoa e só haberá 50 prazas, tendo preferencia os usuarios dos centros veciñais.
As persoas que desexen acudir deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello antes do 15 de marzo.

0.079161882400513