O Concello de Riotorto renova a cuberta do campo de bolos de Santa Marta de Meilán

TerraChaXa | AMariñaXa
A intervención aposta pola pedra e a madeira para poñer en valor unha infraestrutura deportiva emblemática
Riotorto-mellora-cuberta-campo-bolos-santa-marta-de-meilan-2025
9 Nov 2025

O Concello de Riotorto vén de completar unhas obras de mellora no campo de bolos de Santa Marta de Meilán, unha instalación moi utilizada polos veciños e polo Club de Bolos Cruceiro de Meilán, que é o equipo local que compite habitualmente neste espazo.

A actuación centrouse na renovación da cuberta, empregando materiais de calidade e de marcado carácter autóctono, como piares de granito, cangos de castaño e lousa do país. Ademais, instalouse un novo canlón de aluminio para mellorar a evacuación da auga e garantir así unha maior durabilidade da estrutura.

Desde o Concello explican que esta mellora responde ao compromiso de conservar as construcións tradicionais, respectando a súa estética e integrándoas na paisaxe rural.

Os traballos, ademais de asegurar a protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas, permitirán que o Club de Bolos Cruceiro de Meilán poida continuar coa súa actividade deportiva en mellores condicións.

⚙ Configurar cookies
0.050449132919312