O Concello de Riotorto reparte as axudas ás asociacións

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto fixo públicas as axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que oscilan entre os 400 e os 1.100 euros.
casa do concello de riotorto
9 Xuño 2021

O Concello de Riotorto fixo públicas as axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que oscilan entre os 400 e os 1.100 euros.

As dúas que máis reciben son a Asociación de Gaiteiros, con 1.100 euros e a de veciños de Santa Comba de Órrea, que ten 1.000 euros de axuda.

Tamén reciben 800 euros a Asociación Cultural Arrincadeira e a Anpa do colexio.

Con cen euros menos quedan As amas de casa Santa Isabel da Ilusión, o coro parroquial, os veciños de San Xosé de Vilaseca e o club de bolos. O club Enduro recibe 750 euros.

Tamén haberá 600 euros de axudas para os veciños de Vilar de Santiago e os de Augaxosa.

Pechan a listaxe, os veciños de Chacín, os de Vale, os de Lourido Virgen de la PIedad e os de Santa Marta de Meilán.

0.18656897544861