O Concello de Trabada convoca catro liñas de axudas para os veciños

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Goberno municipal de Trabada aprobou a convocatoria de catro liñas de axudas para os veciños destinando unha partida orzamentaria de 51.
Ganadores de Premios Magnum do vino galego 2018
12 Ago 2020

O Goberno municipal de Trabada aprobou a convocatoria de catro liñas de axudas para os veciños destinando unha partida orzamentaria de 51.500 euros a fin de poder poñer en marcha medidas responsables que contribúan a frear a despoboación, fomentando a natalidade e mellorando a situación educativa dos nenos do municipio como principal riqueza de calqueira sociedade moderna; de fomentar e impulsar a actividade económica coa finalidade de promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hoteleiro e en xeral, empresarial, así como apoiar o mantemento e a creación de emprego que xera este sector económico trala crise do COVID-19.

Estas medidas teñen unha clara intención de protección social, de mellorar a calidade de vida no rural, e de incentivar un sector económico que sufriu en maior medida as consecuencias da crise sanitaria que estamos a vivir, como é o tecido comercial, profesional, hoteleiro e en xeral, empresarial.

Dende hoxe está aberto o prazo para a solicitude de axudas do Concello de Trabada ata o 30 de setembro 2020.

A primeira das axudas está destinada ao mantemento e impulso da actividade económica coa finalidade de promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hoteleiro e en xeral, empresarial. Os beneficiarios serán traballadores autónomos ou sociedade que teñan a condición de microempresas e que radiquen no termo municipal de Trabada, que o total das partidas do activo non supere o millón de euros, que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros e que o número medio de traballadores anuais empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.

Dentro de esta subvención hai dúas liñas, as dirixidas a sufragar alugueiros de locais comerciais, de hostalaría ou do sector servizos, no que se subvenciona o 75% da renda efectivamente aboada polo beneficiario da achega cun máximo de 1.500 euros por persoa beneficiaria. E a de programa de incentivos á contratación de persoal co que se subvenciona o importe efectivamente aboado polos conceptos de  soldos e salarios e cotización á Seguridade Social dende o mes de xuño do ano 2020, cun máximo de 1.500 euros por cada persoa contratada. Este último caso pódese incrementar ata 1.800 euros no caso de contratacións nas que sexan mulleres, persoas maiores de 45 anos, persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou persoas desempregadas de longa duración.

As segundas axudas son para a adquisición de libros e material escolar de alumnos de Educación Infantil do Ceip Celso Currás. Para as familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior ao 100% do IPREM, a axuda será de 130 euros para cada alumno. Para as familias cunha renda per cápita familiar superior ao 100% e inferior ao 150% do IPREM, a axuda será de 100 euros.

A terceira axuda é para o transporte escolar de alumnos de Trabada que cursan estudos postobrigatorios fóra do termo municipal. Serán benefici euros para cada alumno.

A cuarta axuda é para o fomento da natalidade no que serán requisitos imprescindibles para o recoñecemento desta axuda a residencia neste municipio e que o recentemente nado sexa empadroado por primeira vez en Trabada. As axudas serás de 400 euros por nacemento ou por matriculación no Ceip Celso Currás.

0.1465790271759