O Concello de Trabada fará un reparto de composteiros
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Trabada fará un reparto de composteiros
14 Dec 2020
Coa finalidade de continuar coa implantación da compostaxe doméstica para conseguir unha diminución dos biorresiduos xerados no fogar, o Concello de Trabada fará un reparto de 30 novos composteiros solicitados a Sogama.
Poderán solicitalo as veciñas e veciños que posúan unha vivenda unifamiliar ubicada no concello de Trabada pero fóra do casco urbano, xa que no casco urbano se está implantando o quinto contedor.
O prazo de solicitude dos mesmos será ata o 4 de xaneiro do 2021 segundo orde de entrada no Rexistro Municipal.
A solicitude estará a súa disposición nas oficinas municipais do Concello e na sede electrónica.