O Concello de Trabada organiza uns ciclos teatrais
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Trabada organiza para este ano uns ciclos teatrais, que xa comezaron e seguirán durante todo o ano, todas as obras comezarán ás 21:00 horas na casa da cultura de Trabada.
8 Feb 2019
O Concello de Trabada organiza para este ano uns ciclos teatrais, que xa comezaron e seguirán durante todo o ano, todas as obras comezarán ás 21:00 horas na casa da cultura de Trabada.
O día 2 de marzo haberá unha obra aínda por confirmar, do Grupo de Teatro Lume Escénico da Pontenova.
O día 6 de abril será o turno de Que cousas pasan no camiño do Grupo de Teatro Adala Infantil de Foz .
O día 4 de maio será o turno de Oé, oé, oé... do Colectivo Cultural Ollomao.
E por último o día 1 de xuño será o turno de Sé infiel y no mires con quien do Grupo de Teatro San Tirso del Eo.