O Concello de Trabada prepara para o 5 de maio a festa da Enfariñada
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Trabada prepara para o 5 de maio a festa da Enfariñada, onde poderase degustar este tradicional plato a partir das 12 na praza do Concello.
4 Mar 2019
O Concello de Trabada prepara para o 5 de maio a festa da Enfariñada, onde poderase degustar este tradicional plato a partir das 12 na praza do Concello. Esta festa está adicada ao prato tradicional trabadense elaborado con torreznos, ovos, fariña e auga.
Celebran esta cita coa finalidade de dar a coñecer e atraer visitantes a degustar o prato típico de Trabada. O evento dará comezo sobre as 12 horas, e que contará con varios postos de artesanía e cunha demonstración de cestaría.
A partir dao medio día poderase degustar a enfariñada, tal e como facían as nosas avoas, lentamente e co cariño das cociñeiras de Trabada.