O Concello de Trabada propon celebrar a Festa da Enfariñada dende a casa
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Abr 2020
Dende o Concello de Trabada propoñen celebrar o domingo 3 de maio a Festa Gastronómica da Enfariñada.
Este ano, a celebración chegaría a terceira edición desta Festa na que, da man da Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde e do Club Trabada Futsal exaltaríase o prato máis típico.
Como nesta ocasión non se pode celebrar dende o Concello propoñen que se faga a enfariñada nas casas para o xantar do domingo ao mediodía.
Despois propoñen sacar unha foto e etiquetar ao Concello de Trabada e Turismo de Trabada co hashtag #FestadaEnfariñada #Trabada.
Lembran que para preparar este delicioso prato so son necesarios ovos, sal, auga, leite, fariña e torrezos.