O Concello de Guitiriz organiza unha excursión a Vigo o día 20

TerraChaXa
O Concello organiza unha excursión a Vigo para ver as luces de Nadal da cidade e o prazo para anotarse rematará este venres, 16.
excursion a vigo nadal portada
excursion a vigo nadal portada
13 Dec 2022

O Concello de Guitiriz organiza para o próximo martes, 20 de decembro, unha excursión a Vigo para ver as coñecidas luces de Nadal da cidade olívica.

Esta visita está destinada ao público en xeral e a hora de saída será ás 12 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, con regreso previsto para as 23 horas do mesmo día. O prezo por persoa é de 18 euros e inclúe xantar e transporte.

O prazo para anotarse rematará este venres, 16 de decembro, e as persoas interesadas deben inscribirse na casa do concello, na oficina de Turismo ou por teléfono no 982 370 109.

excursion a vigo nadal
0.18213486671448