O Concello de Vilalba abre o proceso de contratación dunha peona de obras e unha limpiadora

TerraChaXa
No BOP de hoxe, 22 de xullo publícanse as bases para a contratación temporal dunha peona de obras públicas e un posto de limpadora.
limpeza centro publico colexio
23 Xul 2023

O Concello de Vilalba informa de que, no BOP de onte, 22 de xullo, publícanse as bases para a contratación temporal dunha peona de obras públicas e un posto de limpadora, ao amparo dunha subvención concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Son contratos de 12 meses para traballar para o concello. “Aínda que non temos competencias directas en materia de emprego, os concellos debemos facer todo o posible para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral, neste caso de dúas mulleres”, asegura Elba Veleiro.

O sistema selectivo será a través de concurso e a presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral Electrónico do Concello ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da vixente Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados dende a comunicación por parte da Oficina de Emprego ou do Concello de que as candidatas foron preseleccionadas para estes postos. As bases completas están expostas na Sede electrónica do Concello de Vilalba (www.vilalba.org).

0.14176297187805