O Concello de Vilalba acondiciona unha parcela no polígono industrial de Sete Pontes

O Concello de Vilalba vén de acometer o acondicionamento dunha das parcelas municipais situadas na Rúa da Cerdeira, no polígono industrial de Sete Pontes. Nos últimos días procedeuse á limpeza e desbroce da zona, eliminando a vexetación e pragas que a convertían nun foco de insalubridade.
A alcaldesa Marta Rouco subliñou a importancia desta intervención, xa que se trataba dunha área que supoñía un risco pola proliferación de pragas e o seu estado de abandono.
Unha vez finalizados os traballos de limpeza, o Concello estuda agora a posibilidade de transformar a parcela nunha zona verde, mediante a plantación de herba e árbores, co obxectivo de mellorar o entorno urbano e dar un novo uso a este espazo municipal.