O Concello de Vilalba adquire un novo tractor cortacéspede

TerraChaXa
O lote do Fondo de Compensación Ambiental inclúe tamén a chegada dun tractor tipo 4x4 usado, unha plataforma elevadora e unha biotrituradora
tractor-cortacespede-vilalba
29 Out 2024

O Concello de Vilalba anunciou a adquisición dun novo tractor cortacéspede 4x4, que forma parte dun lote de maquinaria agrícola, cun orzamento de 120.000 euros, adquirido polo Concello con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo indican desde o Concello, o novo cortacéspede é 4x4, específico para traballos intensivos de segado, ten baixo consumo e capacidade para traballar nunha superficie diaria de ata 30.000 m2.

O lote do Fondo de Compensación Ambiental inclúe tamén a chegada dun tractor tipo 4x4 usado, unha plataforma elevadora e unha biotrituradora.

"O goberno local traballa cada día para mellorar os servizos que lle presta os veciños de Vilalba, neste caso con nova maquinaria para as tarefas de segado e acondicionamento de zonas verdes, espazos públicos e instalacións deportivas”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.

0.1360239982605