O Concello de Vilalba adxudicará as barras de venda das patronais cunha poxa aberta

TerraChaXa
O Concello de Vilalba realizará a adxudicación das barras de bebidas das patronais de san ramón e santa maría mediante sistema de poxa aberta
festas san ramon e santa maria vilalba
9 Aug 2022

O Concello de Vilalba publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases reguladoras do proceso de adxudicación das barras de venda de bebidas das festas patronais de San Ramón e Santa María.

En concreto, o procedemento é para a adxudicación do uso e explotación de tres barras de bebidas na praza da Constitución, outras tres no Campo da Feira, catro na explanada da piscina municipal, e unha na praza de Santa María para o concerto de Manu Chao.

As solicitudes, xunto coa documentación preceptiva, poderán presentarse ata o día 12 de agosto no Rexistro Xeral do concello, ou a través de calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A selección dos adxudicatarios efectuarase mediante o sistema de poxa aberta, a celebrar en acto público no salón de plenos do Concello de Vilalba o día 16 de agosto ás 12:00 horas. 

O Concello de Vilalba utiliza este modelo de adxudicación das barras de bebidas das festas patronais para establecer un proceso aberto e transparente para todos os interesados.

As persoas interesadas poden obter máis información no BOP de hoxe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14926218986511