O Concello de Vilalba ampliará o departamento de Urbanismo
O Concello e Vilalba ten pensado restruturar o departamento de urbanismo, dirixido pola concelleira Sandra Vázquez. Os cambio consistirán na ampliación do persoal que tralla actualmente, formado por catro persoas: un arquitecto, un arquitecto técnico e dous administrativos.
A intención do equipo de goberno contartar a un novo técnico administrativo, para o cal está xa convocada a praza, e a incorporación de un técnico xurídico, que servirá de apoio así mesmo á secretaria xurídica e que terá contrato de carácter temporal por un prazo dun ano.
Esta medida tomouse debido á complexidade técnica e a importancia económica que ten esta área, en especial tras as últimas modificación lexislativas.
Actualmente, di o alcade, Agustín Baamonde, os traballadores teñen un unha carga de traballo moi elevada, xa que son necesarios informes, licenzas e permisos desta unidade para iniciar ou acometer unha gran cantidade de actividades e obras no termo municipal.
Baamonde expliac que as novas leis veñen de rigorizar as actividades, informes técnicos e xurídicos. “Desde o Concello aplicamos rigorosamente a normativa, pero ademáis a sociedade demanda prazos áxiles e máis rapidez de xestión, para poder cumplir todos eses requisitos. Para facelo como se dixo nun tempo aceptable é necesario acometer ditas reformas”, conclúe.
OBRAS. No tocante ao tema de inversións e obras, estanse acometendo obras na beirarrúa do lado esquerdo da Rúa Galicia así como están preto de finalizar as xa comezadas en Fontiñas no Polígono Industrial Sete Pontes.
Así mesmo, no casco urbán acometeranse obras de accesibilidade e de calmado de tráfico como son a elevación dos pasos de nivel na rúa da Pravia e a colocación de bandas rugosas nos accesos das estradas de Lugo, Oviedo e Coruña.
Logo de realizar reformas e melloras na piscina municipal, en breve darán comezo as reparacións nas pistas de tenis e ao pavillón. Máis adiante acometerase a mellora de accesibilidade da Biblioteca Municipal coa colocación do ascensor montacargas, proxecto que reviste gran dificultade técnica polo pouco espazo dispoñible.