O Concello de Vilalba anuncia a pavimentación da vía de acceso ao barrio de Santalla, na parroquia de Insua

TerraChaXa
A actuación executarase coa maior brevidade posible, dentro da aposta municipal por seguir reforzando as infraestruturas viarias no rural
obras-vilalba-insua-renda
25 Jan 2026

O Concello de Vilalba vén de anunciar unha nova actuación de mellora da rede viaria no rural, que nesta ocasión terá lugar na parroquia de Insua. A intervención consistirá na pavimentación dun camiño alternativo que permitirá mellorar o acceso ao barrio de Santalla, dando resposta ás demandas formuladas por varios veciños da zona.

Na actualidade, os residentes deste barrio atopan importantes limitacións para o acceso de vehículos pesados e para a recepción de transportes de mercadorías, xa que o tramo final do acceso principal presenta un ancho insuficiente. Esta situación dificulta a mobilidade e o desenvolvemento da actividade cotiá.

Coa execución desta obra, o Concello transformará un camiño actualmente intransitable nunha vía adaptada ás necesidades reais da veciñanza, mellorando a accesibilidade e a seguridade. A actuación executarase coa maior brevidade posible, dentro da aposta municipal por seguir reforzando as infraestruturas viarias no rural.

⚙ Configurar cookies
0.087276935577393