O Concello de Vilalba anuncia sancións para os que despositen lixo na rúa e nos puntos limpos

TerraChaXa
"É unha tarefa de todos manter limpo e sostible o concello no que vivimos", din
punto-recollida-de-plasticos-rioaveso
Cartel
16 Jun 2024

O Concello de Vilalba lémbralle á veciñanza que a terceira semana de xaneiro, marzo, maio e outubro están habilitadas para o depósito e a recollida gratuíta dos plásticos agrícolas nos puntos habituais das parroquias do concello. Fóra destas datas, está totalmente prohibido o depósito de plásticos agrícolas na vía pública.

Este aviso foi feito ante o aspecto que ofrece o punto de recollida de plásticos agrícolas da parroquia de San Xurxo de Rioaveso.

"É unha tarefa de todos manter limpo e sostible o concello no que vivimos. Deixar os residuos en lugares inadecuados pon en risco a saúde das persoas e contamina o medio ambiente" explican desde o Concello.

Anuncian tamén que tomarán as medidas necesarias para detectar aos infractores e aplicar as sancións correspondentes.

Para calquera dúbida sobre a recollida dos plásticos agrícolas, pódese chamar ao teléfono 982 510 305.

PUNTO LIMPO

Ademais, o pediulle tamén á veciñanza que respecte os horarios do punto limpo e non deposite os residuos no espazo público.

O Punto Limpo de Vilalba está emprazado no Parque Empresarial Sete Pontes e o seu horario de atención ó publico é de 16 a 20 horas de luns a venres e os sábados de 10 a 14 horas.

Ademais, Vilalba conta cun punto limpo móbil que se despraza de forma constante polo concello.

O concello tomará as medidas necesarias para detectar aos infractores e aplicar as sancións correspondentes, anunciou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17517805099487