O Concello de Vilalba busca ubicación para un novo mural de Diego AS

TerraChaXa
O Concello de Vilalba anuncia que o artista urbano Diego AS realizará un mural no municipio, no marco do proxecto para este tipo de obras.
julio cesar diego as
19 May 2022

O Concello de Vilalba anuncia que o artista urbano Diego AS realizará un novo mural no municipio, no marco do proxecto do goberno local para impulsar este tipo de obras artísticas.

A cidadanía poderá propor lugares para que Diego AS pinte o seu novo mural en Vilalba. As persoas interesadas en ofrecer dito espazo poderán presentar un escrito ao Concello de Vilalba comunicando o seu desexo ata o próximo 31 de maio, achegando tamén unha fotografía do lugar proposto.

O artista seleccionará entre os lugares ofrecidos o que máis axeitado considere para o mural. O Concello de Vilaba espera que a obra estea rematada antes do mes de setembro.

Diego As é un dos artistas urbanos de referencia, de feito, é o autor do coñecido mural de Julio César en Lugo, estreado con motivo do pasado Arde Lvcvs. Esta obra outorgoulle fama e recoñecemento internacional.

Dende hai meses, o Concello de Vilalba promove a creación destes espazos, que xa suman cinco murais no municipio: o dedicado a Agustín Fernández Paz e pintado por Mon Devane, na avenida Terra Chá; o mural na piscina municipal, de Iria Fafián; a obra na rúa Carmiña Prieto Rouco, de Pablo Lage (Van-Kraft); a pintura da rúa do Cotarón, de Miguel Peralta (Cestola na Cachola); e o mural na travesía dos Castros, de Lula Goce.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14667701721191