O Concello de Vilalba busca un axente de igualdade

TerraChaXa
Convocou un proceso de selección para o que hoxe é o último día en anotarse
Red-Igualdade-as-pontes
Igualdade
24 Ago 2024

O Concello de Vilalba vén de facer públicas as bases para a selección e provisión dun posto de axente de igualdade.

O nomeamento terá unha duración de 6 meses a media xornada con data límite de duración da interinidade o 31 de marzo de 2025.

Trátase dun programa incluído na subvención concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade para o Programa CIM e cuxo sistema de acceso será o de concurso-oposición libre.

Dito proceso selectivo constará de dúas fases: unha de concurso, na que se valorará cun máximo de 10 puntos a experiencia profesional, e unha de oposición, que se valorará cun máximo de 20 puntos.

As persoas interesadas deberán dirixir as solicitudes, no modelo oficial que se publica coas bases, ao Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica sendo hoxe, 24 de agosto, o último día.

0.17965292930603