O Concello de Vilalba busca un solar para construír un centro de día

TerraChaXa
Vilalba aprobou en xunta de goberno a adquisición dun solar no núcleo urbano da vila para a construción dn centro de día público
maiores servicio de axuda no fogar2
1 Abr 2022

O Concello de Vilalba aprobou en xunta de goberno a adquisición dun solar no núcleo urbano da vila para a construción dun centro de día público.

O centro de día terá unha capacidade para 30 usuarios e o solar deber ter unha dimensión mínima de 600 metros cuadrados. O orzamento base da licitación é de 102.000 euros.

Para o Concello de Vilalba é “prioritaria” a construción dun centro de día para evitar que as veciñas e veciños teñan que desprazarse a municipios limítrofes.

Trátase dunha competencia autonómica e durante o presente mandato houbo diferentes reunións entre concello e Xunta, incluso unha entre a alcaldesa, Elba Veleiro, e o presidente do goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

“Ao non obter o apoio da Xunta, ao contrario do que pasa noutros municipios con menos poboación de Vilalba, o Concello tomou a decisión de non esperar máis, polo que adquiriremos o solar para construír o centro de día”, explica Marta Rouco, tenente de alcaldesa de Vilalba.

O concello abrirá un procedemento para a compra do terreo cun prazo de sete días naturais desde mañá. As persoas propietarias dalgún solar das características citadas que estén interesadas en véndelo poden poñerse en contacto coa Secretaría do Concello (982 510 305) ou a través do Perfil do Contratante do Concello de Vilalba.

0.18265295028687